Inicio Carballo ao día Axenda Faladoiro sobre o libro "Contos...

Faladoiro sobre o libro "Contos mariños de Carballo"

Xoves 1 de agosto do 2019 Centro Social de Imende Participación veciñal

Este verán o proxecto Carballo é mar -creado para poñer en valor o litoral carballés- chega a Noicela a través de dúas actividades que axudarán a veciñanza e visitantes a coñecer un pouco mellor a nosa zona costeira e os segredos que agocha.

Así, por iniciativa do Consello Parroquial de Noicela-Rebordelos, ata o mes de agosto poderá verse a exposición "O mar de Carballo en catro estacións", que recolle imaxes realizadas polo xornalista de La Voz de Carballo Santi Garrido. 

O 1 de agosto estará no Centro Social de Imende Xabier Maceiras para participar nun faladoiro sobre o seu libro "Contos mariños de Carballo".

Coñecer a orixe do apelido Pacoret, naufraxios que datan de 1910, historias sobre embarcacións con nomes como Andros Patria ou Princesa de Asturias, investigacións coa axuda dos maiores da costa carballesa. Son só algunhas das cousas que atoparedes no faladoiro sobre o libro Contos Mariños de Carballo, de Xabier Maceiras, no que tamén estará presente o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Ademais, contaremos coa participación dalgúns dos veciños que facilitaron a información necesaria para elaborar esta recompilación de historias arredor do pulso e da vida do noso mar.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4