Inicio Carballo ao día Axenda Concerto de Néboa, High Paw e Boyanka...

Concerto de Néboa, High Paw e Boyanka Kostova no Rexenera Fest

Sábado 8 de xuño do 2019 20:30 horas - A Barra-Bar Cultura

Boyanka Kostova

A 5ª edición do Rexenera Fest despedirase cunha festa por todo o alto, na que a música será a gran protagonista. Por mor da choiva, os concertos programados para a xornada, nos que actuarán as  bandas galegas Néboa, High Paw e Boyanka Kostova, cambiarán de lugar pasando a celebrarse en A Barra-bar Carballo. A entrada será de balde! 

NÉBOA:
En xuño de 2015 autoeditan o seu primeiro disco, titulado "Antes da tormenta", gravado nos estudios Litium Records de Pontevedra e dende entón levan a súa música por diversos locais, salas e festivais de toda Galicia. A mediados de 2018 presentan dous novos sinxelos cos que a finais dese mesmo ano acadan o 2º posto nos Premios Narf da Deputación da Coruña. Na actualidade atópanse inmersos na gravación do seu próximo álbum. 

HIGH PAW
: Nacida en Vigo en 1993, comeza a súa andadura musical con 15 anos como letrista e vocalista de grupos de distintos estilos musicais e participando como corista en actuacións de varios cantantes como o concerto que realizou o xamaiquino Winston Francis ao lado dos Transilvanians no festival Minho Reggae Splash.  A súa inmersión definitiva no mundo da música xamaicana concretase cando empeza a colaborar co veterano selector de Vigo coñecido como Nahno Selektah, empezando a escribir os seus primeros temas Reggae en solitario e participando en eventos por terras galegas tan populares como Dancehall Xplo- sion Moaña, Sound System Nights, Ska All Night, etc.  Nos últimos tempos actúa en varios eventos en Barcelona como a after party do concierto de Anthony B, o festival Femines Fest en Vic entre outros. 

BOYANKA KOSTOVA
: Herdeiros de grandes mitos galegos como Os Resentidos e Siniestro Total, utilizan sen miramento os ritmos e sons urbanos para dar voz ao entorno rural. O trap descontextualizado, sen líñas vermellas, o glamour das cuadras. O underground tamén era isto. Armados coa sua caixa de ritmos, os efectos, teclados e sus voces hiperprocesadas chegan a Carballo cargagos de retranca e bo humor.  

Público: Adulto
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Concello de Carballo
Colabora: Deputación da Coruña

Rexenera Fest 2019

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4