Inicio Carballo ao día Axenda Laura Tova impartirá un obradoiro de...

Laura Tova impartirá un obradoiro de ilustración para maiores de 12 anos

Do sábado 4 de maio ata o sábado 25 de maio do 2019 De 10 a 13 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Todos os sábados do mes de maio botaremos a voar a nosa imaxinación e creatividade co novo obradoiro de ilustración para maiores de 12 anos, que impartirá a artista carballesa Laura Tova na Biblioteca Rego da Balsa. Os días 4, 11, 18 e 25 aprenderemos a plasmar emocións e ideas dende unha interpretación máis abstracta ao tempo que ilustraremos unha historia pasando por todos os procesos dun proxecto real (storyboard, composición, técnica...). Ademais divertirémonos un montón xogando con diferentes texturas, formas e cores.

Anímaste a participar? Non fai falta saber debuxar nin dispoñer de material para as clases. O curso é totalmente de balde e todo o material que precises está incluído. Terá prioridade o público xuvenil, con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos. Que non se che pase! Inscríbete xa chamando ao 981 758 580. 

Público: Persoas maiores de 12 anos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo (preferencia rapaces/as de 12 a 18 anos)
Organiza: Concellería de Cultura  

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4