Inicio Carballo ao día Axenda Sesión informativa práctica sobre o...

Sesión informativa práctica sobre o novo bono social eléctrico

Xoves 7 de marzo do 2019 19.00 horas - Fórum Carballo

O xoves 7 de marzo ás 19:00 h levaranse a cabo no Fórum Carballo (edificio 4, 2ª planta) unha sesión informativa práctica, promovida pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, relacionada co novo bono social eléctrico, coa factura da luz e con medidas de eficiencia enerxética.

A actividade é de balde e terá unha duración aproximada de dúas horas. Está dirixida ao persoal que traballa a cotío con persoas que poidan cumprir os requisitos para optar ao bono social: xubilados, rendas baixas, familias numerosas e colectivos en risco de exclusión social, pero tamén a todas aquelas persoas que podan ser beneficiarias do bono social ou estean interesadas en ter información sobre como aforrar na factura da luz e adoptar medidas de eficiencia enerxética.

Será unha sesión práctica que tentará solucionar dúbidas e facilitar a solicitude das axudas relacionadas co bono social. As persoas interesadas poden confirmar a súa asistencia no teléfono 652 808 173.

Descargas

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4