Inicio Carballo ao día Axenda Xornada de limpeza das praias con Hábitat

Xornada de limpeza das praias con Hábitat

Sábado 16 de febreiro do 2019 Consultar horario - Praias de Razo e Baldaio

O Concello de Carballo colabora nunha nova iniciativa medioambiental que se desenvolverá no noso litoral, neste caso unha xornada de limpeza de praias dirixida a voluntariado ambiental, promovida pola Obra Social Abanca e xestionada polo Grupo Naturalista Hábitat. A iniciativa desenvolverase en Razo e Baldaio.

As persoas interesadas en colaborar poden inscribirse enviando un correo electrónico a rsc@abanca.com. As prazas son limitadas.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4