Inicio Carballo ao día Axenda Conmemoración do Día Mundial contra...

Conmemoración do Día Mundial contra o Cancro

Luns 4 de febreiro do 2019 A partir das 11.00 horas - Praza do Concello

A xunta local da Asociación Española contra o Cancro conmemora, coa colaboración do Concello, o Día Mundial contra o Cancro, que se celebra o 4 de febreiro.

A partir das 11.00 horas, membros da asociación carballesa ofrecerán información a todas as persoas que se acheguen ata o punto informativo que terán instalado na Praza do Concello.

Pola tarde, a partir das 19.00 horas, Carballo sumarase a outras cidades e vilas que iluminan un edificio ou espazo emblemático de cor verde para amosar a solidariedade da cidadanía con todos e todas os/as doentes.

Compartir:


- 2019 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
8
9
10
11
12
13
23
24
26
27