Inicio Carballo ao día Axenda Teatro do Atántico encherá de...

Teatro do Atántico encherá de tenrura os Venres Culturais con "Dúas donas que bailan"

Venres 22 de febreiro do 2019 21:00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Teatro do Atlántico é unha das compañías galegas máis sólidas do panorama actual, galardoada recentemente co Premio da Crítica de Galicia, que tamén estará presente nos nosos Venres Culturais para presentarnos a obra "Dúas donas que bailan", un auténtico agasallo teatral, adobiado de humor malvado, que nos permitirá compartir os soños e os fracasos de dúas mulleres fortes que se enfrontan ao alzhéimer, á soidade, ao desencontro xeracional e a outros asuntos que impón a sociedade contemporánea. Preparádevos para contaxiarvos da tenrura e a melancolía desta gran obra. 

Sinopse:
Unha muller maior, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o piso no que habita pero os fillos e o dono da vivenda teñen outros plans.  Outra muller chegará para facer as labores da casa e cada xornada convértese nun inquietante e cómico “toma e daca”.

Intérpretes: María Barcala e María Ángeles Iglesias / Espazo escénico: Antonio F . Simón / Espazo sonoro: Brais Morán / Tradución e axud. dirección: Aleixandre Lago / Dirección e dramaturxia: Xúlio Lago / Autor: J.M ª Benet i Jornet.

Público:
Adulto
Entrada: 4 € / 3 €
Duración: 1 hora e 15 minutos 
Organiza: Concellaría de Cultura

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir:


- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D