Inicio Carballo ao día Axenda "Alma Mater" achéganos ao...

"Alma Mater" achéganos ao día a día do conflito armado en Siria

Venres 18 de xaneiro do 2019 20:30 horas - Pazo da Cultura Cultura

A segunda proxección do ciclo de cinema árabe Amal en ruta Carballo achegaranos á realidade que sofren moitas das persoas que residen na actualidade en Siria. Dirixida polo guionista e cineasta belga Philippe Van Leeuw, que debutou en 2009 coa longametraxe "The Day God Walked Away", Alma Mater narra, a través dun relato ficticio, a realidade cotiá dun país en guerra, relato que lle servíu para gañar o Premio do Público no Festival de Berlín e no Festival de Cine Europeo de Sevilla Completan o reparto a actriz Hiam Abbass (Blade Runner 2049) e Diamand Bou Abboud (L'insulte).

Sinopse: Unha nai intenta protexer aos seus tres fillos do asedio que sofre o seu fogar día tras día. Oum Yazan vive coa súa familia en Siria, lugar sitiado por un conflito armado. Os bombardeos sucédense e saír á rúa convértese nunha misión imposible debido á presenza de francotiradores en busca do inimigo, polo que Oum transformará o seu apartamento nunha zona segura para a súa familia e veciños/as loitando por manter a rutina.

Público: + 16 anos
Entrada: Libre e de balde
Duración: 85'
Organiza: Concello de Carballo e Fundación Araguaney-Ponte de Culturas

CICLO AMAL EN RUTA

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D