Presentación das propostas da Estratexia de mellora e xestión do espazo público
Mércores 23 de xaneiro do 2019 17.00 h - Biblio Rego da Balsa
A Concellaría de Planificación e Mobilidade Urbana convida a toda a cidadanía a coñecer as propostas incluídas na Estatexia de mellora e xestión do espazo público, que estamos a elaborar coa participación de toda a sociedade.
O documento que se presentará o mércores 23 de xaneiro, a partir das 17.00 horas, e o resultado dun exhaustivo traballo que incluíu estudos de campo, enquisas, xuntanzas con axentes sociais e achegas da poboación.
Con toda a información recompilada foi elaborado o documento que se presenta agora para seguir mellorándoo coa participación veciñal.