Inicio Carballo ao día Axenda Rocódromos e tirolina de balde para o...

Rocódromos e tirolina de balde para o público infantil

Do sábado 22 de decembro ata o domingo 30 de decembro do 2018 11:00-14:00/16:00-19:00 - Praza do Concello/Parque Rego da Balsa Cultura

A campaña de Nadal "Agasalla Carballo" que vén de poñer en marcha a Concellaría de Promoción Económica para dinamizar o comercio carballés, chega de novo cargada de premios, descontos, sorteos, viaxes e, por suposto, un feixe de actividades para os nenos e nenas do noso municipio coa finalidade de ofrecer alternativas de lecer aos máis pequenos da casa e axudar a que as familias realicen as súas compras con tranquilidade.

E as primeiras iniciativas non tardarán en chegar! Desde este sábado 22 e ata o domingo 30, instalaranse na Praza do Concello e no Parque Rego da Balsa varios rocódromos e unha tirolina para poñer a proba o espírito aventureiro dos máis cativos/as. Participar é moi doado! Non tes máis que achegarte con eles/as calquera día da semana, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, e deixar que desfruten desta novidosa experiencia en compañía doutros rapaces da súa idade. A diversión e a emoción estará servida da mañá á tarde! E, ademais, de balde! 

Público: Infantil
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Concellería de Promoción Económica

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D