Inicio Carballo ao día Axenda Presentación do libro "José...

Presentación do libro "José Vidal", de Xan F. Carrera

Venres 21 de decembro do 2018 20:00 horas - Casino 1889 Cultura

O Casino 1889 acollerá esta semana a presentación do libro "José Vidal, unha vida dedicada á fotografía", do autor Xan Fernández Carrera. Trátase dunha obra biográfica, con máis de 500 imaxes, que repasa a vida e traxectoria profesional de José Vidal García (1900-1988), fotógrafo laxense con máis de 50 anos de profesion ás súas costas, desde a súa vila natal ata a de Corme, onde levaba tamén a oficina de correos. 

Xunto ao autor da obra, tamén estarán presentes o historiador e cronista carballés Xan Fraga e Álex Ávila, bisneto do protagonista deste traballo. Unha oportunidade única para aproximarnos, da man de testemuñas privilexiadas, á figura senlleira deste home que dedicou a súa vida a fotografar a nosa terra e as súas xentes.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza:
Casino 1889

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D