Inicio Carballo ao día Axenda Música e teatro no VI Festival de...

Música e teatro no VI Festival de Variétés

Martes 18 de decembro do 2018 20:00 horas - Pazo da Cultura Cultura

O Comité de Irmanamento de L'Isle Jourdain xa ten todo preparado para a celebración da sexta edición do Festival de Variétés, que cada ano nos sorprenden con novas e atrevidas postas en escena que non deixan indiferente a ninguén.

Nesta ocasión, os espectáculos musicais e teatrais correrán a cargo dos alumnos/as de francés do IES Parga Pondal, o colexio Artai, os usuarios e usuarias do centro Aspaber e o alumnado do Conservatorio de Música de Carballo. Anímate e vén gozar do espectáculo. A diversión e a emoción están aseguradas!

Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Comité L'Isle Jourdain

Compartir:


- 2022 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D