Inicio Carballo ao día Axenda Trinke Trinke Teatro regresa co "Rato...

Trinke Trinke Teatro regresa co "Rato Canguro"

Mércores 12 de decembro do 2018 17:00 e 18:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Como xa saberedes, en Lonxedetodo as tarefas do fogar e os coidados dos máis pequenos/as son cousa de todos/as. Así que esta semana o rato Fuco visitará a biblioteca acompañado dun bebé ao que ten que coidar.

Un amigos van de festa e el comprometeuse a ocuparse do seu fillo, o cochiño Cochín. Daralle a merenda, cambiaralle o cueiro e pasará unha divertida tarde con el. Ah!, tamén haberá contiños de porquiños, os favoritos de Cochín!

Se queres pasar unha tarde divertida, non perdas o novo espectáculo infantil que nos achegará a compañía Trinke Trinke Teatro en dous pases, para que ninguén se quede sen velo.

Público: nenos e nenas de 3 a 8 anos
Entrada: Libre e de balde. Con convite 
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4