Inicio Carballo ao día Axenda Pilar García Negro presenta "Himno...

Pilar García Negro presenta "Himno Galego: unha historia parlamentar"

Xoves 13 de decembro do 2018 20:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

A profesora María Pilar García Negro –con amplo historial investigador e bibliográfico na literatura galega do século XIX- lembra o himno galego nun libro que fai historia da xénese desta peza fundamental da historia de Galicia, da súa transmisión ao longo dos anos e da necesidade de restaurar a súa letra auténtica, que sufriu certas deformacións debidas a unha incorrecta transmisión.

Difundir ao máximo a letra orixinal de Eduardo Pondal e levala á Lei de Símbolos de Galicia é o propósito actualizador de Himno Galego: unha historia parlamentar (inconclusa). Non faltes,  verás cantas cousas vas descubrir!!

Entrada: Libre e de balde
Organiza: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D