Inicio Carballo ao día Axenda Aloumiños celebra o festival...

Aloumiños celebra o festival IncluSÓN co espectáculo "O Cardume"

Venres 30 de novembro do 2018 18.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Participación veciñal

Un ano máis, a asociación Aloumiños organiza o Festival IncluSÓN, que nesta ocasión coincidirá co Día Internacional da Diversidade Funcional, o 3 de decembro. Arredor desta data, a compañía Xarope Tulú representará a súa peza O Cardume nos colexios de Nétoma-Razo, A Cristina e Gandara-Sofán, e rematará a súa andaina o venres 30 de novembro ás 18.00 horas na Biblioteca Rego da Balsa.

Para asistir a este último pase é preciso recoller os convites, a partir do luns 26, en horario de 10.30 a 20.30, na mesma Biblioteca Rego da Basa. As prazas son limitadas e permitirase o acceso dunha persoa adulta por neno/a.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4