Inicio Carballo ao día Axenda Casino 1889 presenta a programación da...

Casino 1889 presenta a programación da "Semana sen fronteiras"

Sábado 24 de novembro do 2018 13.00 horas - Casino de Carballo Participación veciñal

"A Semana sen Fronteiras ten como obxectivo principal dar a coñecer a realidade de millares de persoas que teñen que abandonar os seus fogares fuxindo de conflitos bélicos, da fame ou de situacións de vulneración dos dereitos humanos", explican dende o Casino 1889. A entidade carballesa, coa colaboración do Concello de Carballo, desenvolverá unha serie de actividades encamiñadas a dar a facer visible esa situación.

"Nun contexto en que oímos e lemos todos os días sobre persoas refuxiadas -argumentan-, chama a atención o descoñecemento e o medo (orixinado, maiormente, polo descoñecemento) que o tema produce na sociedade occidental. É por iso que se fai necesario derrubar todos os tabús, abrir mentes e fronteiras, para tender as mans a aquelas persoas, refuxiadas, que nos precisan, aquí e agora".

As persoas que estean interesadas en coñecer as propostas que desenvolverá Casino 1889 poden achegarse o sábado 24 ás 13.00 horas ata o Casino de Carballo, onde haberá unha proxección cinematográfica, presentaranse as bases dun concurso literario e ademais contaremos cunha convidada especial.

Non faltedes!

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D