Inicio Carballo ao día Axenda Chega Expovoda, o VI Salón Nupcial...

Chega Expovoda, o VI Salón Nupcial organizado polo CCA

Do sábado 10 de novembro ata o domingo 11 de novembro do 2018 11.00 - 14:30 h/ 16.30 - 20.00 h - 2ª planta Mercado Municipal

A planta superior do Mercado Municipal abrirá as súas portas esta fin de semana para acoller unha das citas con máis glamur do ano: Expo Voda. O Salón de Vodas, Comuñóns e Celebracións, organizado polo Centro Comercial Aberto (CCA) coa colaboración do Concello de Carballo, celebra o seu sexto aniversario cun “potente” programa de actividades e coa participación de 35 empresas que che farán moito máis doada a organización de calquera evento social.

Comuñón, regalo, fotografía, beleza, banquetes, animación, madriñas e padriños, viaxes, xoiería, seguros, discotecas móbiles... e, por suposto, noivos e noivas terán o seu espazo para que non quede nada ao azar. Expo Voda comezará o sábado 10 ás 11.00 horas e poderá visitarse durante toda a fin de semana en horario de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.00. Por segundo ano consecutivo, a entrada será de balde. E ademais de non ter que pagar, o público poderá participar no sorteo de dúas fines de semana en parella e beneficiarse dos descontos que ofrecerán todas as empresas durante a feira.

Entre as actividades programadas para este ano figura exhibicións de danza polinesia (sábado ás 17.30 e domingo ás 17.30 e 19.00 horas), recreacións dunha voda civil (sábado e domingo ás 18.00 horas) e degustacións (sábado e domingo ás 18.30 horas). Cada día antes do peche celebrarase o sorteo dunha fin de semana en parella.

Stands participantes:  CCA Carballo, Marián Riestra, Moll Estrada, Bodorrio, The Louro Studio, Silvia Picouto (Thermomix), Suunia Viaje, Mundiviajes, Alfombra Roja Zapatos, Lorena Sixto Peluquería, Alonso Moda, Alquileres Reneymar, Sastrería Miguel, Restaurante Aldeola, Galimusic, D Musik, Taracido Moda Infantil, Anim-Art, Kyrie, Cuatrofotos (fotomatón), Retrátate (fotomatón), Dime si quiero Fotografía, O Recreo Animación, Divirtt Animación, Joyería Regueira, Cáncaro Florería, Eventos Galicia (DJ), Ermitas Rielo Beleza, Costa Caión, Mmmm Xeados!, Bombonería Praliné, Cabliseña, JGCAR, Adeslas e Esther Rey Asesoramento Nupcial.


Entrada: Libre e de balde
Organiza: Centro Comercial Aberto (CCA)
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4