Inicio Carballo ao día Axenda "15 visións", unha...

"15 visións", unha exposición fotográfica baixo o prisma de xénero

Do venres 23 de novembro ata o domingo 2 de decembro do 2018 De 17 a 21 horas - Pazo da Cultura Cultura

Dentro da programación elaborada polo Concello de Carballo arredor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, O Centro de Información á Muller (CIM) organiza unha exposición fotográfica denominada 15 visións: unha perspectiva de diferentes realidades desde o punto de vista da arte, que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 2 de decembro.

Esta mostra, cedida pola Secretaría Xeral da Igualdade a través da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), recolle o traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero versionando obras de arte recoñecidas na historia, como “A Gioconda” de Miguel Ángel ou “La Maja Vestida” de Goya. Todas as fotografías ofrecen unha perspectiva diferente baixo o prisma de xénero das realidades que son representadas en cada unha das imaxes.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Concello de Carballo 

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4