Inicio Carballo ao día Axenda Concerto "a capella" das vocalistas de...

Concerto "a capella" das vocalistas de Ejazz

Venres 30 de novembro do 2018 21:00 horas - Auditorio Pazo da Cultura Cultura

Coa voz como único instrumento, as vocalistas galegas Ejazz chegan a Carballo para facernos vibrar cun concerto a capella de jazz, soul, funk e bossa nova. Unha proposta musical diferente, atrevida e moi orixinal cun repertorio cheo de versións incribles, coas que viaxaremos a épocas e lugares diferentes, antes de rematar a programación de Novembro con Música.

EJazz é o resultado de xuntar catro voces, catro personalidades e catro estilos diferentes nun espectáculo sorprendente, co que xa levan percorrido os principais clubes de jazz e salas de concertos de Galicia. O último recoñecemento á súa traxectoria chegoulle na pasada edición dos Premios Martín Códax da Música, cando Carmen Rey, directora musical e arreglista, Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro lograron facerse co galardón na categoría de grupos vocais e coros.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concello de Carballo
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4