Inicio Carballo ao día Axenda Presentación da última novela de...

Presentación da última novela de Arantza Portabales

Xoves 15 de novembro do 2018 19:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

As historias poden contarse de moitas formas pero unha das máis novidosas e orixinais é a que nos propón a escritora Arantza Portabales no seu segundo libro Deixe a súa mensaxe despois do sinal, que ela mesma presentará en Carballo nun acto de balde e aberto á participación da veciñanza.

A novela está protagonizada por catro mulleres, moi diferentes e con idades tamen moi dispares pero con algo en común: todas optan por deixar mensaxes en contestadores automáticos e iso fará que, ao final, as súas vidas acaben cruzándose dalgunha maneira. Historias reais, divertidas e sorprendentes que non nos deixarán indiferentes e sobre as que poderás intercambiar impresións coa propia autora. Non faltes!


Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D