Inicio Carballo ao día Axenda 8 grupos actuarán no festival de...

8 grupos actuarán no festival de música tradicional Sons de Aquí

Sábado 10 de novembro do 2018 20:30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Novembro con música achéganos unha nova edición do festival de música tradicional Sons de Aquí coa intención de promover e poñer en valor parte do noso patrimonio cultural, que, este ano, estará representado por grupos de gaitas e cantareiras locais como Xoldreira de Nemeth, San Campio de Cances, Escola do Alpendre (Oza), San Martiño de Razo, O Candil de Sísamo, Argazo de Baldaio, Saraibas e Arume de Berdillo.

Non deixes pasar a oportunidade de ver en directo e sobre un mesmo escenario a algunhas das agrupacións folclóricas que máis están a traballar na recuperación das nosas tradicións.

Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4