Inicio O Concello Axenda institucional Arranca o Horto Viaxeiro coa visita do alcalde e...

Arranca o Horto Viaxeiro coa visita do alcalde e o concelleiro de Promoción Económica ao CEIP Gándara-Sofán

Luns 22 de outubro do 2018 11.30 horas - CEIP Gándara-Sofán

2.000 escolares participarán este curso no Horto Viaxeiro, unha actividade do Horto Infantil Ecolóxico Municipal que se desenvolve en colaboración con oito centros educativos.

A presentación da iniciativa terá lugar o luns 22 de outubro, ás 11.30 horas, no CEIP Gándara-Sofán. Ademais de representantes dos colexios participarán o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, que darán a coñecer as novidades desta edición do proxecto.

Compartir: