Inicio Carballo ao día Axenda Tukumpás Teatro estrea "a historia...

Tukumpás Teatro estrea "a historia das flores" en M2

Sábado 27 de outubro do 2018 13/13:30/19/19:30 horas- Floraría Taibo (rúa Bos Aires, 4) Cultura

Hai historias que están pero non as vemos. Outras que falan pero non as escoitamos. E tamén hai historias para sorrir, para gozar e para compartir das que paga a pena falar como A historia das flores que nos achegará en primicia Tukumpás Teatro en primicia dentro do II Certame de Microteatro do FIOT27. Trátase dunha comedia xestual de nova creación na que se bota man da música e da manipulación de obxectos para atrapar ao espectador durante quince divertidísimos minutos. 

Tukumpás Teatro é un proxecto teatral, formado por Davide González e Rubén Porto, nacido o ano pasado co gallo da primeira edición de Metro Cadrado, onde gañaron o premio do público ao mellor espectáculo e mellor interpretación masculina.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde. Aforo para 30 persoas
Duración: 15 minutos
Creación e intérpretación: Rubén Porto e Davide González 

Programación FIOT27

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4