Inicio Carballo ao día Axenda "Concerto singular" de Píscore...

"Concerto singular" de Píscore en Carballo

Venres 17 de agosto do 2018 22:00 horas - Praza do Concello Cultura

Que acontece cando se convoca a catro grandes músicos para un único concerto? Catro prestixiosos solistas fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante pero organizarse non vai ser tan doado.

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público. Unha gran comedia musical e xestual que lles valeu o Premio do Público Festiclown 2017.

O venres 17 Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas, baixo a dirección de Fran Rei, presentarán en Carballo unha musicomedia, de preto dunha hora de duración, moi recomendable para todos os públicos.

Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D