Inicio Carballo ao día Axenda "Mulleres de Conto" arrinca o luns 23...

"Mulleres de Conto" arrinca o luns 23 cun concerto de Pablo Díaz

Luns 23 de abril do 2018 Ás 18:00 horas - Pazo da Cultura Cultura

O luns 23 arrinca no Pazo da Cultura Tardes de Contos, Música e Maxia, un ciclo de actividades dirixidas ao público infantil e familiar no marco da programación da XIII Semana do Libro e da Lectura "Mulleres de conto", elaborada polo Concello de Carballo para conmemorar o Día do Libro.

O músico coruñés Pablo Díaz será o encargado de inaugurar o programa de actos cun concerto de música pop-rock-folk para xente miúda, no que, ademais dos temas máis divertidos e disparatados do seu último traballo "Tic Tac Toc", fará un repaso polas cancións máis enblemáticas de "Tic Tac" e Toc Toc". Un espectáculo para rir, bailar e desfrutar aprendendo.  

Participación: Público familiar
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura
XIII Semana do Libro e da Lectura

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D