Inicio O Concello Axenda institucional Presentación do II Memorial Loli Varela

Presentación do II Memorial Loli Varela

Luns 4 de decembro do 2017 12 horas - Casa do Concello

Este ano volvemos a celebrar a merecida homenaxe e recoñecemento a Loli Varela, unha figura destacadas do mundo asociativo e deportivo, impulsora de moitas das actividades deportivas que se realizan no noso concello. O seu labor na sección de balonmán de  Xiria, no Club Baloncesto Artai ou na creación de Un Paso Máis son só algunhas das iniciativas das que formou parte.

O acto de presentación terá lugar o luns 4 de decembro ás 12:00 horas no Concello de Carballo. Estarán presentes Evencio Ferrero, alcalde de Carballo; Chelo García, directora do Centro Artai; Fidel Nión, viúvo de Loli Varela; Chano Calvo, conselleiro delegado de Conservas Calvo; César García de Seárez, representante de Gadis; Joaquín Moreira, presidente do CB Artai, e Manolo Cantelar, presidente de Un Paso Máis. Tamén asistirán directivos de Carballo Basket e Balonmán Xiria.

Compartir: